23.8.08

-III Festival de Jazz Pontedeume-

Outro ano máis xa está argallado o Festival de Jazz Pontedeume, e xa vai polo terceiro.

Desta volta, serán 3 días de concertos:

-O xoves 4 de setembro haberá un concerto no pub O'Trasteiro co grupo Hot Kawa Club a partires das 20:00 h, e, as 00:00h, na Sala Coliseo, haberá unha Festa Acid Jazz + o sorteo das rifas que están a vender a asociación.

-O venres 5 de setembro, na Sala Coliseo, o concerto correrá a cargo dos grupos Jacobo de Miguel Quarteto e Sumrra, a partires das 22:30 h e, o remate destes haberá unha xoldra jam Session, para @s que queirades participar.

-O sábado 6 de setembro, a partires das 12:00 h farase unha sesión vermouth na Praza da Calzada na que haberá Chili & Crepes feitos por Frank (dono e cociñeiro do Ratatouille - na Coruña-); as 22:30 h dará comezo o último dos concertos desta edición que correrá a cargo dos grupos A MAgnifique Bande des Homme Sans Peur, Miñor Swing, Rendez-Vous project e Organic Collective, na Praza da Calzada.

Vémonos durante os 3 días!!

12.8.08

-I Esfera Féstival-

Este venres, 15 de agosto, a partires das 22:00 h, terá lugar o I Esfera Féstival, que contará coas actuacións dos grupos eumeses: Brainstorming, Bronze e The Bosses.

O festival terá lugar na pista de Nogueirosa e está argallado por Esféricos, coa colaboura da Comisión de Festas de Nogueirosa.

Haberá acampada libre, aseos e, con cada copa, un picho gratis.

11.8.08

-Presentación do carteze do III Festival de Jazz Pontedeume-

O vindeiro xoves 14 de agosto, terá lugar a presentación do carteze do III Festival de Jazz Pontedeume, argallado pola A.C. Pontedamusica, no cal haberá unha mexilonada a partires das 21:00 h e a actuación do conxunto International Gypsy Project ás 23:00 h.

O evento terá lugar na Praza da Calzada.

15.6.08

-Concerto de Skacha-

O vindeiro venres 4 de xullo a partires das 22h, na sala Coliseo terá lugar un concerto punk a cargo de Skacha, ArengA e Kaskarria punk¡¡ A entranda será de 6€


Concerto punk-rock em Pontedeume,cos grupos Skacha(street punk dende Vigo) +ArengA(punk-rock PPontedeume)+Kaskarria punk¡¡ (punk deskiziado dende Cariño)...agardamos a vosa presenza...Punktuais¡¡

3.3.08

-1º Concurso de Monólogos-

O próximo martes, 19 de marzo, terá lugar o primeiro concurso de monólogos, argallado pola A.C. Pontedamusica, e terá como artista invitado a Suso Lista.

Antes do concurso haberá unha "mexilonada" a partires das 20:00 h.

As bases do concurso son as seguintes:

1º Poderán presentarse todas aquelas persoas que o desexen.
2º O tema será libre, sempre e cando sexa cómico, e o guión poderá ser orixinal ou unha adaptación.
3º Os monólogos non poderán ter unha duración inferior a 10 minutos nin superior aos 15 minutos.
4º A inscrición será no bar O Abrevadeiro (praza da Calzada), ou enviando un e-mail a: pontedamusica@hotmail.com, ou chamando ao teléfono 696 188 512 , aportando os seguintes datos: nome e apelidos; localidade; e-mail ou telefóno do artista.
5º O prazo de inscripción remata o 17 de marzo.
6º Un xurado designado pola asociación, decidirá quen son os gañadores.
7º O acto terá lugar o mércores 19 de marzo na Praza da Calzada (Pontedeume).

21.1.08

-Fotos do XIII Festival Treme a Terra-

Eiquí tedes algunhas fotos do XIII Festival Treme a Terra.


Dende a A.C. Treme a Terra, esperamos que o pasárades ben.