27.1.07




Aquí vos deixo o video deste novo grupo, bOnOvO, a disfrutalo. Estreáronse en decembro na sa DeZine, despois no local de Artabria... Agardámolos pronto!

11.1.07

Xa está o cartel!

Aquí vai o cartel deste ano! Esperamos que vos guste.




10.1.07

XII Concerto Treme a Terra

O blog está botando a andar. De tódalas maneiras, poño a informacion sobre o concerto, que terá lugar o Venres 19 de xaneiro ás 21:30, coma sempre, fronte á gasolineira. Sabede tamén que haberá carpa para gardarnos do frio e a choiva que sempre nos acompaña. Aí vos vai o programa:

- Josele Santiago
- Festicultores
- The Homens
- A Banda Potenkim

Esperemos ter un momento para retocar un pouco o blog, pero imos un pouco apurados.

Saúde.