10.1.07

XII Concerto Treme a Terra

O blog está botando a andar. De tódalas maneiras, poño a informacion sobre o concerto, que terá lugar o Venres 19 de xaneiro ás 21:30, coma sempre, fronte á gasolineira. Sabede tamén que haberá carpa para gardarnos do frio e a choiva que sempre nos acompaña. Aí vos vai o programa:

- Josele Santiago
- Festicultores
- The Homens
- A Banda Potenkim

Esperemos ter un momento para retocar un pouco o blog, pero imos un pouco apurados.

Saúde.

16 comentários:

Anónimo disse...

Está moi ben seguide con esta boa iniciativa que é o festival TREME A TERRA vémonos o vindeiro venres en Pontedeume. Un saudo

Anónimo disse...

Non credes que a terra tamén treme con tanto cemento?

Anónimo disse...

Do cemento non falan, é todo legal (frase deles)

Anónimo disse...

Manuel, Manuel , pasas moito tempo diante do ordenador. Se adicaras a metade do tempo en denunciar as ilegalidades na Galiza, non estariamos como na Costa do Sol.

Anónimo disse...

¿A Qué Hora chega Xosele Santiso?

Anónimo disse...

la sangre aun me hierveee....

Anónimo disse...

Anónimo #5, toca despois de The Homens e o concerto comeza ás 21:30 (máis ou menos) así que bota contas. Un saúdo!

Anónimo disse...

Anónimo #3, ¿de quen carallo é a frase esa?

Anónimo disse...

A frase é dun membro de treme a terra, que a súa vez pertence o BNG de Pontedeume

Anónimo disse...

Moi ben anonimo, pero a cuestión é se é legal, non se é moral. Son termos non contradictorios, a suposta legalidade e a suposta moralidade e a xustiza. Ademáis, esa é unha valoración persoal dun compañeiro, non a da asociación, ou viche algo deso nun comunicado asinado por Treme a Terra? Entón anónimo, prégoche que rectifiques, porque esa no é a postura da asociación. Polo demáis un saúdo e ata a noite!

Anónimo disse...

Xa foi o concerto e difícil superalo. Grazas por organizalo e moito ánimo a asociación para seguir a facer CULTURA na vila.

Anónimo disse...

¿Cultura? xa que lles gosta tanto a cultura, porqué non están en ningunha presentación, festival, evento, etc que non argallan eles? Viven nunha boina e non se relacionan con ninguén

Richi disse...

Xa sabemos que non chove a gusto de tod@s, pero, anónimo, ¿non cres que estás cagando fora do testo? Antes de nada informáte ben...

Anónimo disse...

Será por asistir a festivais, debemos de ser dos poucos que nos recorremos "case todos" os que hai no pais, o que pasa é que o que non sae da súa casa nin se entera deles! Por certo, os de Orballo tampouco están mal. Ante todo "cultura na vila", algo que o Sr. Alcalde non debe saber moi ben o que significa e lle teñen que dar todo feito!

Anónimo disse...

En Pontedeume hai poucos concertos e presentacións, e a xente de Treme soe ir sempre que pode. Gustaríame destacar a voz de Lidia co grupo Iriadona no último concerto que fixeron xunto con Norfolk no Salón de Caixa Galicia.

Anónimo disse...

Graciñas por asentar definitivamente estes concertos de treme a terra e convertilo nun sello de identidade da nosa vila,a todolos que desde un principio estivechedes e perseverachedes nelo,e os demais tamen.

Un saudo de Vaquero