Onte comentáronme se iamos facer un concerto no verán. De momento non nos ofreceron argallar ningún. Se temos novas xa vos enteraredes ou aquí ou pola rúa.
Saudos!
19.5.07
14.5.07
The Homens "Amor e non acrobacias"
Eiquí vos deixo o único video que hai no youtube do XII Concerto Treme a Terra.
1.2.07
Mapas da Vida
Dende xa está dispoñible, nos baixos da Casa do Concello, para a visita esta exposición de Gabriel Tizón. Tamém podedes ver unha escolma do seu traballo en www.gabrieltizon.com Dita exposición consta de 30 fotos realizadas en 15 páises de catro continentes. E para mostra unha foto!
27.1.07
11.1.07
10.1.07
XII Concerto Treme a Terra
O blog está botando a andar. De tódalas maneiras, poño a informacion sobre o concerto, que terá lugar o Venres 19 de xaneiro ás 21:30, coma sempre, fronte á gasolineira. Sabede tamén que haberá carpa para gardarnos do frio e a choiva que sempre nos acompaña. Aí vos vai o programa:
- Josele Santiago
- Festicultores
- The Homens
- A Banda Potenkim
Esperemos ter un momento para retocar un pouco o blog, pero imos un pouco apurados.
Saúde.

