14.8.07
8.8.07
-Concerto de Che Sudaka-
O vindeiro domingo 12 de Agosto tocarán Che Sudaka nos xardíns de Lombardero, Pontedeume.
O concerto argállanno: Bar O Futbolín e Bar Tostaki e Treme a Terra. O fin deste concerto é o de recadar axuda para as comunidades indíxenas de Chiapas.
A partires das 20h, servirase comida mexicana e pincharase música.
O concerto comezará as 22h.
¡¡Esperámosvos o domingo nos xardíns!!
19.5.07
14.5.07
The Homens "Amor e non acrobacias"
Eiquí vos deixo o único video que hai no youtube do XII Concerto Treme a Terra.
1.2.07
Mapas da Vida
Dende xa está dispoñible, nos baixos da Casa do Concello, para a visita esta exposición de Gabriel Tizón. Tamém podedes ver unha escolma do seu traballo en www.gabrieltizon.com Dita exposición consta de 30 fotos realizadas en 15 páises de catro continentes. E para mostra unha foto!
27.1.07
11.1.07
10.1.07
XII Concerto Treme a Terra
O blog está botando a andar. De tódalas maneiras, poño a informacion sobre o concerto, que terá lugar o Venres 19 de xaneiro ás 21:30, coma sempre, fronte á gasolineira. Sabede tamén que haberá carpa para gardarnos do frio e a choiva que sempre nos acompaña. Aí vos vai o programa:
- Josele Santiago
- Festicultores
- The Homens
- A Banda Potenkim
Esperemos ter un momento para retocar un pouco o blog, pero imos un pouco apurados.
Saúde.



