-XIV Festival Treme a Terra-

Outro ano máis xa está argallado o Festival de Jazz Pontedeume, e xa vai polo terceiro.
Desta volta, serán 3 días de concertos:
-O xoves 4 de setembro haberá un concerto no pub O'Trasteiro co grupo Hot Kawa Club a partires das 20:00 h, e, as 00:00h, na Sala Coliseo, haberá unha Festa Acid Jazz + o sorteo das rifas que están a vender a asociación.
-O venres 5 de setembro, na Sala Coliseo, o concerto correrá a cargo dos grupos Jacobo de Miguel Quarteto e Sumrra, a partires das 22:30 h e, o remate destes haberá unha xoldra jam Session, para @s que queirades participar.
-O sábado 6 de setembro, a partires das 12:00 h farase unha sesión vermouth na Praza da Calzada na que haberá Chili & Crepes feitos por Frank (dono e cociñeiro do Ratatouille - na Coruña-); as 22:30 h dará comezo o último dos concertos desta edición que correrá a cargo dos grupos A MAgnifique Bande des Homme Sans Peur, Miñor Swing, Rendez-Vous project e Organic Collective, na Praza da Calzada.
Vémonos durante os 3 días!!
Este venres, 15 de agosto, a partires das 22:00 h, terá lugar o I Esfera Féstival, que contará coas actuacións dos grupos eumeses: Brainstorming, Bronze e The Bosses.
O festival terá lugar na pista de Nogueirosa e está argallado por Esféricos, coa colaboura da Comisión de Festas de Nogueirosa.
Haberá acampada libre, aseos e, con cada copa, un picho gratis.
O vindeiro xoves 14 de agosto, terá lugar a presentación do carteze do III Festival de Jazz Pontedeume, argallado pola A.C. Pontedamusica, no cal haberá unha mexilonada a partires das 21:00 h e a actuación do conxunto International Gypsy Project ás 23:00 h.
O evento terá lugar na Praza da Calzada.
O vindeiro venres 4 de xullo a partires das 22h, na sala Coliseo terá lugar un concerto punk a cargo de Skacha, ArengA e Kaskarria punk¡¡ A entranda será de 6€
Concerto punk-rock em Pontedeume,cos grupos Skacha(street punk dende Vigo) +ArengA(punk-rock PPontedeume)+Kaskarria punk¡¡ (punk deskiziado dende Cariño)...agardamos a vosa presenza...Punktuais¡¡
O próximo martes, 19 de marzo, terá lugar o primeiro concurso de monólogos, argallado pola A.C. Pontedamusica, e terá como artista invitado a Suso Lista.
Antes do concurso haberá unha "mexilonada" a partires das 20:00 h.
As bases do concurso son as seguintes:
1º Poderán presentarse todas aquelas persoas que o desexen.
2º O tema será libre, sempre e cando sexa cómico, e o guión poderá ser orixinal ou unha adaptación.
3º Os monólogos non poderán ter unha duración inferior a 10 minutos nin superior aos 15 minutos.
4º A inscrición será no bar O Abrevadeiro (praza da Calzada), ou enviando un e-mail a: pontedamusica@hotmail.com, ou chamando ao teléfono
5º O prazo de inscripción remata o 17 de marzo.
6º Un xurado designado pola asociación, decidirá quen son os gañadores.
7º O acto terá lugar o mércores 19 de marzo na Praza da Calzada (Pontedeume).
Eiquí tedes algunhas fotos do XIII Festival Treme a Terra.
O vindeiro 18 de xaneiro, a partires das 22h, estades convidados ó 13º Festival Treme a Terra.
Estes son os catro grupos que actuarán:
-BONOVO
http://www.bonovo.org/bonovo2/index.html
-SOM DO GALPOM
http://www.komunikando.net/komunikajoomla/content/view/83/38/
http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=214649778
-LA PEGATINA
http://www.lapegatina.com/
-MOTOR PERKINS
http://profile.myspace.com/index.cfm?fuseaction=user.viewprofile&friendid=121250123
¡Vémonos na Polideportiva o 18 de xaneiro!
O Colectivo Treme a Terra estamos a argallar un novo festival (e xa ímos polo 13º) para o vindeiro 18 de Xaneiro.
Polo de agora non temos ningún grupo contratado, pero case. Irémovos informando a medida que vaimos pechando o carteze.
¡Un saúdo!
Gracias a tódol@s que asistíchedes ó concerto, xa que coa vosa participación poidemos recadar cartos para enviar as comunidades indíxenas de Chiapas.
Eiquí vos deixo unhas cantas fotos do concerto.
O vindeiro domingo 12 de Agosto tocarán Che Sudaka nos xardíns de Lombardero, Pontedeume.
O concerto argállanno: Bar O Futbolín e Bar Tostaki e Treme a Terra. O fin deste concerto é o de recadar axuda para as comunidades indíxenas de Chiapas.
A partires das 20h, servirase comida mexicana e pincharase música.
O concerto comezará as 22h.
¡¡Esperámosvos o domingo nos xardíns!!
Eiquí vos deixo o único video que hai no youtube do XII Concerto Treme a Terra.
Dende xa está dispoñible, nos baixos da Casa do Concello, para a visita esta exposición de Gabriel Tizón. Tamém podedes ver unha escolma do seu traballo en www.gabrieltizon.com Dita exposición consta de 30 fotos realizadas en 15 páises de catro continentes. E para mostra unha foto!
O blog está botando a andar. De tódalas maneiras, poño a informacion sobre o concerto, que terá lugar o Venres 19 de xaneiro ás 21:30, coma sempre, fronte á gasolineira. Sabede tamén que haberá carpa para gardarnos do frio e a choiva que sempre nos acompaña. Aí vos vai o programa:
- Josele Santiago
- Festicultores
- The Homens
- A Banda Potenkim
Esperemos ter un momento para retocar un pouco o blog, pero imos un pouco apurados.
Saúde.